Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite o alcalde socialista de Vilamartín de Valdeorras tras máis dunha década como rexedor

Dimite o alcalde socialista de Vilamartín de Valdeorras tras máis dunha década como rexedor

Álvarez Barreiro explicou que, por "motivos de índole estritamente privada", presenta a súa renuncia "voluntaria"

Sherezade Núñez asumirá previsiblemente a alcaldía

Álvarez Barreiro, no centro, nunha imaxe de arquivo (Europa Press) Álvarez Barreiro, no centro, nunha imaxe de arquivo (Europa Press)
G24.gal 28/05/2026 17:21

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), Enrique Álvarez Barreiro, anunciou este xoves no pleno municipal a súa intención de renunciar ao cargo tras máis dunha década como rexedor desta localidade.

Álvarez Barreiro explicou que, por "motivos de índole estritamente privada", presenta a súa renuncia "voluntaria e formar" como alcalde deste municipio.

O rexedor trasladou o seu "máis sincero agradecemento" aos veciños e veciñas, á corporación municipal e a todo o persoal do concello polo apoio e o traballo conxunto ao longo da súa etapa a cargo do Consistorio.

Visiblemente emocionado, recoñeceu que é un momento "difícil" para el, que lle "custa" tras 15 anos dedicados ao Concello.

"Pero a familia hoxe por hoxe requíreme", afirmou.

Enrique Álvarez Barreiro (Folgoso do Courel, 1964), encabezou en 2011 a candidatura do PSdeG á alcaldía de Vilamartín de Valdeorras e foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada, a primeira vez na democracia que o PSOE alcazaba o bastón de mando nesta localidade.

O 21 de xaneiro de 2013 perdeu a alcaldía que tras unha moción de censura impulsada pola súa predecesora no cargo, María Jesusa Candal, candidata do PPdeG. Con todo, nas municipais de 2015 volveu presentarse e logrou a primeira das súas tres maiorías absolutas -volvería alcanzala en 2019 e 2023-.

Fontes consultadas por Europa Press trasladaron que a tenente de alcalde e deputada provincial, Sherezade Núñez, asumirá previsiblemente a alcaldía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade