Solidariedade, atención e desconcerto nas rúas de Ceuta
Na cidade autónoma respirábanse aínda os efectos da crise migratoria
Comezaba en Ceuta a semana seguinte.
"Estamos moito mellor, evidentemente, do que estabamos. Pero non podo dicir que Ceuta recuperou a normalidade", di o presidente da cidade autónoma, Juan Jesús Vivas
Vaise dixerindo entre unha calma tensa a sorpresa de crise migratoria semellante.
"Animicamente a poboación está moi afectada. Aquilo vivíuse como un verdadeiro drama", conta Vivas
Na poboación ceutí hai arredor de medio milleiro de galegos, segundo estima o Centro Galego da cidade autónoma, presidido por Merche Fariña.
"Se o amable veciño non abrira as portas e non se fixeran esas chamadas masivas nas redes sociais dicindo que as fronteiras estaban abertas de par en par, pois igual non estabamos vendo nesta situación", opina Fariña
Nas praias e rúas aínda se ven centos de migrantes chegados nesta crise.
"Eu só quero traballo en España. Traballei de todo. Teño os títulos aquí. Non hai problema ningún", apunta un deles
"Cando un problema afecta por igual a todo o mundo, nace aí un xermolo de solidariedade", apunta Fariña
En Ceuta, respírase solidariedade, atención e desconcerto.