Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado ao hospital tras saír da vía e bater contra un edificio en Vigo

Evacuado ao hospital tras saír da vía e bater contra un edificio en Vigo

O persoal sanitario tivo que realizar manobras de reanimación antes de que o ferido fose trasladada ao hospital 

G24.gal 29/05/2026 20:42

Unha persoa resultou ferida na tarde deste venres ao saírse da vía e chocar contra o muro dun edificio na avenida do Aeroporto, en Vigo.Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar as 18:00 horas e particulares sinalaron que había atrapados. Por iso, mobilizouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local.

Con todo, o ferido non tivo que ser liberado, xa que se atopaba fóra do vehículo antes da chegada da dotación de bombeiros. O persoal sanitario tivo que realizar manobras de reanimación antes da persoa fose trasladada ao hospital de referencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade