Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de condución segura para motoristas en San Cibrao das Viñas

Xornada de condución segura para motoristas en San Cibrao das Viñas

O obxectivo é perfeccionar o manexo do vehículo e desenvolver habilidades preventivas

Desde principios de ano desenvolvéronse oito cursos nos que participaron 160 persoas

G24.gal 31/05/2026 14:09 Última actualización 31/05/2026 14:50

Os accidentes de tráfico dos motoristas foron en aumento en Galicia nos últimos anos, e supuxeron en 2024 máis dun 25% das vítimas mortais nas nosas estradas interurbanas.

Este domingo, unha vintena de motoristas participaron nun novo curso de condución segura deseñado pola consellería de Planificación de Infraestruturas para mellorar as habilidades de condución ante situacións de perigo.

A condución dunha moto é unha das situaciós de máxima exposición para quen a guía, que se debe saber vulnerable aos perigos da propia pilotaxe, da contorna pola que transita e do resto de condutores.

Por este motivo o risco de que un accidente de moto sexa mortal é máis de dez veces maior ca no caso doutros vehículos.

"Aquí sobre todo o que intentamos é que a xente valore moito o espazo do que dispón, que sexa capaz de anticiparse aos riscos que lles poidan saír, e que busquen moita práctica no equilibrio da moto. É fundamental tamén a observación e que saiban bailar a moto para entrar nas curvas de forma fácil" asegura Xosé Ramón García, responsable da formación.

"Levo cinco anos conducindo e si que é certo que en certas situacións aínda me vexo ás veces insegura, e por iso vin facer o curso para coller máis destreza. Tivemos unha parte de teoría e o que me tocou facer agora é practicar a condución moi lenta na moto, como nas situacións urbanas onde tes que manobrar a pequena escala; tamén traballamos o xiro en círculo e facer un slálom de oitos", describe Eva González que participou nesta formación en San Cibrao das Viñas.

Probas como a distancia percorrida despois de que un motorista free a distintas velocidades dan idea de como se debe reaccionar ante situacións de perigo e cales son os límites realmente seguros en cascos urbanos. 

"Son cursos teorícos e prácticos moi importantes non só para a formación senón tamén para a sensibilización, para ter conciencia realmente do que pode pasar cando tes entre as túas mans unha motocicleta", explicou a conselleira de Planficación de Infraestruturas, María M. Allegue

Despois do verán retomaranse estas formacións, que son gratuítas, en Vilalba, Vilaboa e Curtis. No que levamos de ano participaron xa 160 motoristas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade