Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo, a primeira cidade de Galicia e a terceira de España coa condución máis segura

Lugo, a primeira cidade de Galicia e a terceira de España coa condución máis segura

Para elaborar a clasificación tivéronse en conta indicadores como o número de accidentes e de infraccións por cada 100.000 habitantes

Vehículos circulando pola rolda da Muralla
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 14/09/2026 20:12 Última actualización 14/09/2026 21:26

A cidade galega coa condución máis segura é Lugo. E en todo o ámbito estatal, a capital lucense acada o terceiro posto, só por detrás de León e Córdoba. O estudo que elaborou este ranking tivo en conta indicadores como o número de accidentes e de infraccións por cada 100.000 habitantes, pero os expertos falan de máis factores engadidos. 

"Lugo é unha cidade relativamente pequena, cun terreo bastante chan, que non ten grandes complicacións de tráfico nin grandes atascos. Por outra banda, estamos convencidos de que a preparación dos exames de conducir é unha das mellores de España", sinala Jose Montes, vogal da Asociación Galega de Autoescolas

Pero á marxe deste terceiro posto no podio estatal do tráfico seguro, non é tan positiva a percepción por parte da cidadanía lucense. Sobre todo tocante ao respecto polos viandantes nos pasos de peóns ou polos ciclistas. 

"É un punto débil. No caso dos peóns, hai bastantes atropelos nos seus pasos", engade Montes. 

Por detrás de Lugo, Ourense é a segunda cidade galega coa condución máis segura, xa no décimo posto da lista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade