Publicador de contidos

Publicador de contidos

A veciñanza da rúa da Mercé da Coruña coloca carteis disuasorios para os condutores

A veciñanza da rúa da Mercé da Coruña coloca carteis disuasorios para os condutores

Denuncian o exceso de velocidade e piden prudencia

G24.gal 10/05/2026 13:37

Os límites están claros, pero moitos condutores fan caso omiso.

"Pasan demasiado rápido. A miña nai é moi maior e cada vez que ten que cruzar polo paso de peóns pasámolo moi mal", láiase unha viandante.

"Algo hai que facer, sobre todo cando dobran nesta esquina, que está cega. Hai que ter moitísmo coidado para cruzar; iso non pasa noutras rúas", explica un home que pasea co seu can.

Vendo que os sinais de tráfico convencionais non bastaban, os veciños utilizaron dúas árbores como soporte para uns carteis de feitura caseira nos que, sen perder o humor, piden o máis básico, respecto.

Situáronnos nas marxes dun paso de peóns especialmente conflitivo, nunha zona moi transitada entre semana, na ruta cara a varias escolas e moi próxima a un club deportivo. Hai quen cuestiona o seu poder disuasorio e pide pasar das boas palabras á acción.

"Creo que son difíciles de ver. Deberían colocar máis sinais ou bandas rugosas", opina un veciño

"É penoso. Tiñan que poñer un rádar, aplicar estritamente a norma e poñer multas ", comenta outro.

Solucións rigorosas para un problema de seguridade vial que levan meses denunciando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade