Publicador de contidos

Publicador de contidos

As autoescolas piden que se esixa circular uns quilómetros mínimos por vías secundarias

As autoescolas piden que se esixa circular uns quilómetros mínimos por vías secundarias

A maior parte das mortes en accidentes de tráfico prodúcense en vías secundarias

A Confederación Nacional de Autoescolas reclama que a formación dos futuros condutores inclúa un mínimo de quilómetros por estradas secundarias

Son as propias académicas de condución as responsables da formación e elixir as rutas

G24.gal 13/04/2026 14:34

É día de exame de conducir en Santiago e os aspirantes chegan coa maioría das prácticas feitas nun percorrido moi similar ao que deberán facer este luns.

"Fas prácticas polas mesmas zonas do exame".

"Espero que varíe pouco", din dúas aspirantes.

"Nós facemos as prácticas no sitio onde o alumno se vai examinar", di Suso Vilariño, profesor de autoescola.

As vías secundarias concentran o maior número de sinistros mortais. Nove de cada dez falecidos en accidentes de tráfico durante a Semana Santa en España producíronse neste tipo de vías. Os formadores consideran necesario que os futuros condutores adquiran máis experiencia nelas.

"Sobre todo, que os condutores sexan conscientes que nas estradas secundarias hai todo tipo de usuarios, vehículos agrícolas, animais, peóns, cruzamentos e hai máis riscos", explica Suso Vilariño.

Tanto é así que a Confederación Nacional de Autoescolas reclama que se esixa por lei, circular un mínimo de quilómetros por estradas secundarias para poder presentarse ao exame práctico.

"O primeiro que temos que facer é a autocríítica. As autoescolas temos a responsabilidade en formación e podemos  impartila en calquera tipo de vía", explica Suso Vilariño.

O problema din que está en que os aspirantes, enfocados en pasar o exame, son remisos a facer traxectos que non están nas rutas habituais de avaliación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade