Cae ao mar un coche aparcado no peirao de Corvaceiras, en Pontevedra
Bombeiros e Policía Local actuaron con rapidez e comprobaron que non había ninguén no interior
Unha posible avaría do freo de man pode ser a causa da caída
Unha posible avaría do freo de man pode ser a causa da caída á auga dun coche estacionado no peirao das Corvaceiras, en Pontevedra.
O vehículo estaba estacionado na rampa do peirao e sobre a unha da tarde esvarou ata caer na auga que o acabou cubrindo totalmente ao subir a marea. Ante a posibilidade de que houbese alguén no interior axiña se achegaron os bombeiros e a Policía Local que constataron que estaba baleiro e sacárono da auga xunto con Salvamento Marítimo.
Non é a primeira vez que un cohe acaba no mar nesta zona. O recinto portuario é utilizado como aparcadoiro, e cando está completo algúns vehículos estacionan na rampla. Coas mareas vivas, a auga xa os enguliu en máis dunha ocasión.
Unha situación que se repite de cando en vez malia a sinalización que prohibe expresamente o estacionamento na rampla.