Unha muller resulta ferida tras ser atropelada na proba ciclista do Gran Camiño
A vítima, que rebasou as barreiras de seguridade, foi trasladada con prognóstico reservado ao Complexo Hospitalario da Coruña
Malia quedar ferido, o ciclista que atropelou á muller puido continuar a etapa
Unha muller resultou ferida na contra reloxo da proba ciclista do Gran Camiño que comezou este martes na Coruña.
A vítima, segundo informaron desde a organización, rebasou as barreiras de seguridade e cruzou a vía nunha parte do percorrido entre as Escravas e San Roque. Trátase dun treito en descenso en que os ciclistas poden acadar ata os 70 quilómetros por hora.
A muller foi trasladada consciente e con prognóstico reservado ao Complexo Hospitalario da Coruña.
Malia quedar ferido, o ciclista Diego López, do Tavfer, puido continuar e rematar a proba.