Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan dous mariñeiros da Guarda fronte ás costas de Oia

Rescatan dous mariñeiros da Guarda fronte ás costas de Oia

Os mariñeiros foron izados a bordo do helicóptero sans e salvos

Imaxe do barco afundido en Oia
G24.gal 19/02/2026 21:47 Última actualización 20/02/2026 10:25

Os dous tripulantes da embarcación Maresco Tres, con base na Guarda (Pontevedra), foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras seren rescatados fronte a Oia polo servizo de Gardacostas de Galicia.

Foi o helicóptero Pesca 1, segundo informou Gardacostas, o que se achegou a última hora deste xoves ata onde estaba a embarcación, que sufrira unha vía de auga, para rescatar os dous mariñeiros nun operativo no que tamén participaron axentes da Unidade Operativa de Vigo a bordo da patrulleira Punta da Guía.

Cando os servizos de emerxencias chegaron ao lugar en que se atopaba a embarcación sinistrada, a unhas cinco millas náuticas da costa, atoparon os dous tripulantes na balsa de emerxencia, que antes de abandonar o barco solicitaran axuda.

De momento descoñécese que causou a vía de auga no Maresco Tres, o cal quedou parcialmente afundido no lugar do rescate.

No operativo participaron efectivos de Gardagostas, a patrulleira Punta da Guía e o barco Valentín Paz Andrade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade