Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas polo rodeo que obriga dar a estrada de Carballeda cortada polo afundimento de hai tres semanas

Queixas polo rodeo que obriga dar a estrada de Carballeda cortada polo afundimento de hai tres semanas

A veciñanza de Faramontaos, en Carballeda de Avia, pide que lle arranxen canto antes a estrada OU-306, que os une con Avión

G24.gal 05/03/2026 15:26

A veciñanza de Faramontaos, en Carballeda de Avia, pide que lle arranxen canto antes a estrada OU-306. O 11 de febreiro afundiuse polas choivas e dende entón denuncian que se senten incomunicados. Para ir á vila ou á cidade teñen que dar rodeos por vías cheas de curvas e fochancas.

"Estamos así.... Non podemos parar nin para alá nin para acá. É un atraso moi grande para nós, para este pobo", comentan algúns veciños.

Varios veciños de Faramontaos viviron en directo como quedaban sen a súa principal vía de comunicación.

"Caeu un pau de luz aí. E logo outro. e de ahí a cinco minutos baixou o terraplén para abaixo", lembra un deles.

"Bum!...E baixou para abaixo a estrada toda.... E facía cinco minutos que pasara o coche cos rapaces da escola", contra outro veciño.

Dende entón, para ir a Carballeda de Avia, a Ribadavia ou a Ourense teñen que empregar vías alternativas, e tardan máis do dobre.

"Moito rodeo, de vinte minutos de estrada", calculan.

Piden desesperados que empecen a arranxala canto antes. Dende a Deputación de Ourense din que están traballando para pechar a contratación das obras e que agardan comezar en curto prazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade