Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas arbores caídas en menos de 24 horas provocan estragos en Fene e na Coruña

Dúas arbores caídas en menos de 24 horas provocan estragos en Fene e na Coruña

Un eucalipto desfai a terraza dun restaurante en Fene

Unha gran rama cae sobre unha polbeira no centro da Coruña

G24.gal 04/09/2026 14:03

A copa dun eucalipto caeu de golpe sobre a terraza dun restaurante de Fene. Estaban facendo uns traballos de corta e o exemplar cedeu. Os que o viron din que foi un estrondo seco, sen aviso, que deixou o metal retorto e os metacrilatos feitos anacos. Un susto que para os que rexentan o local vai ser difícil de esquecer. Por sorte cando sucedeu o local xa estaba baleiro.

E non foi este un suceso illado, a uns corenta quilómetros de distancia, na Coruña, tamén houbo outra caída inesperada. No campo da Leña, unha gran rama desprendeuse e caeu sobre a terraza dunha polbeira. O responsable do local levou algún que outra rozadura.  Os residentes din que xa levaban tempo advertindo do mal estado das árbores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade