As temperaturas suaves e o tempo seco animan os motoristas a saír de ruta
A paixón polas dúas rodas ten infinidade de seguidores en Galicia
Coa chegada do bo tempo, son moitos os moteiros que empezan a planificar xa as primeiras rutas do ano. Algúns deles chegan incluso a percorrer toda Europa en máis de 20 días. O que é certo é que cada vez son máis nas estradas galegas. En canto poden collen as dúas rodas e se van a desfrutar das curvas. Algo case terapéutico para eles...
"Para min é o xeito de desconectar e o de todos meus amigos. Saes sempre con cabeza e gozar. Tomas unha sin alcol sempre, en ruta e a coñecer Galicia".
Moitos deles xúntanse para crear moto-clubs e facer rutas que, nalgunhas ocasións, poden chegar aos 20 días. Teñen tamén un punto de encontro para arranxaren entre todos as motos.
"Poder facer cousas nos aquí directamente sae moito máis económico. É un servizo que lles ofrecemos aos nosos asociados. Tamén é un xeito de facer piña, tal coma somos os moteiros. Quen os necesite sabe que estamos aquí para o que precise. Poder facer cousas nos aquí directamente sae moito máis económico. É un servizo que lles ofrecemos aos nosos asociados. Tamén é un xeito de facer piña, tal coma somos os moteiros. Quen os necesite sabe que estamos aquí para o que precise", di Manuel Arias, do Motoclube Cova Trexos.
Unha axuda que non vén mal, porque os custos poden ser elevados
"No taller cada revisión vai polos 200 euros e as rodas cento e algo cada roda, depende do que saias coa moto. Pero é que eu estou todo o dia nela e así aforro cartos en pequenas postas a punto".
A afección polas motos adoita empezar cando un é aínda novo.
"Eu comecei con 16 anos cunha moto prestada".
Hai quen incluso comeza de pequeno. Iso si: sempre en circuítos. Máis que unha afección, para moitos a moto é unha paixón.