Publicador de contidos

Publicador de contidos

Probamos a carne da vaca máis cara que acadou un valor de 8.227 euros na feira de Silleda

Probamos a carne da vaca máis cara que acadou un valor de 8.227 euros na feira de Silleda

O maior valor destes animais é que son criados de xeito case doméstico

No restaurante O Asador do Hórreo no Porto do Son pódese degustar parte desta vaca tan cotizada ata fin de existencias 

G24.gal 16/04/2026 21:37

Acudimos a unha degustación moi especial, a da vaca máis cara pagada na feira de Silleda que acadou os 8.227 euros, pero ollo que a cousa segue subindo porque hai moita demanda e pouco produto destas características. De feito esta marca de prezo no mercado xa se bateu de novo na mesma Central Agropecuaria.  

O valor destes animais, que son criados de xeito case doméstico con moito agarimo, coidado e cun proceso de engorde moi lento e suave,  fai que sexan exemplares únicos.

E á hora de poñela na grella, que temos que saber? O atemperado é o máis importante, que desde que se saca do frío ata que chega á brasa pasen unos 45 minutos aproximadamente, dependendo do peso e grosor da peza.

E a que sabe a carne desta vaca? Ten un sabor intenso con certo gusto a metal e unha variedade cromática dun cor viño moi intenso. 

No restaurante O Asador do Hórreo no Porto do Son pódese degustar parte desta vaca tan cotizada ata fin de existencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade