Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coa primavera chega o momento de acondicionar os espazos exteriores da casa

Coa primavera chega o momento de acondicionar os espazos exteriores da casa

As tendencias apostan por materiais sostibles que se adapten ao clima 

G24.gal 16/04/2026 21:07

Coa primavera hai que poñer ao día os espazos exteriores da casa.

As tendencias apuntan cara a materiais sostibles e, sobre todo, adaptados ás condicións do clima.

"En Galicia temos tendencia a ter porches a cuberto polo tema da chuvia e entón o moble que podes poñer nese espazo pode ser un pouco menos de exterior. Nós estamos apostando por unhas madeiras específicas ou xa tratadas para exterior. E tamén moito aluminio e téxtil impermeable", comenta Maura Jul, da tenda de xardinaría Jardiland.

Na súa casa de turismo rural, en pleno corazón das Fragas do Eume, Juan e Flor amoblaron o xardín creando diferentes ambientes.

"Cada o oco e cada recuncho é un espazo distinto por dicilo dalgún xeito e así a unha persoa apetécelle ler un libro nun sitio e a outras unha revista noutro lado", explica Juan Martínez do Hotel Rural Casa Piñeiro no concello de Monfero.

Entre a variedade de árbores, flores e plantas, terrazas que se presentan como extensións do propio interior da casa para desfrute dos hóspedes.

"Cremos que o 90%, nunca se pode poñer o tope, desfrutan dos 5.500m2 que hai de xardín e , a verdade, é que isto atrae bastante turimo", engade Juan.

Porque cando o tempo acompaña o espazo ideal está ao aire libre.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade