Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nova vítima eleva a seis os españois mortos en Venezuela e 14 localizados entre os cascallos

Unha nova vítima eleva a seis os españois mortos en Venezuela e 14 localizados entre os cascallos

A cifra de desaparecidos elévase a 133

Os equipos de rescate intentan chegar ata as 14 vítimas localizadas debaixo dos cascallos

A UME rescata unha muller que levaba case 72 horas baixo os entullos

G24.gal 27/06/2026 11:35 Última actualización 27/06/2026 20:26

O Ministerio de Asuntos Exteriores comunicou na tarde do sábado que hai unha nova vítima española entre os 1.430 falecidos polos terremotos en Venezuela. En total son xa seis os falecidos confirmados mentres os equipos de rescate seguen traballando no lugar onde foron localizados outros 14 españois atrapados polos cascallos.

Tal e como asegurou o ministro, José Manuel Albares, a prioridade é poder acceder ata eles. Tanto o equipo da UME como os Bombeiros da Comunidade de Madrid desprazados están na zona da Guaira participando nos labores de busca e rescate, tal e como aseguraba o capitán Gallego, xefe de operacións da unidade.

Esta tarde o Ministerio de Defensa anunciou que a UME conseguiu rescatar con vida unha persoa que estivo case 72 horas atrapada debaixo dos entullos na zona residencial Vistamar da Guaira.

O Equipo de Emerxencia e Resposta Inmediata da Comunidade de Madrid rescatou xa tres persoas

Os rescatistas conseguiron a primeira hora localizar unha persoa maior e dous dos seus netos entre os cascallos, segundo informou o Servizo de Emerxencias 112 da Comunidade de Madrid.

O continxente, que tamén traballa na zona da Guaira, dispón de catro cans da Unidade Canina que están sendo "clave" para os labores de busca e localización de vítimas.

 

Aumenta o número de españois desaparecidos

O número de españois desaparecidos elévase a 133 mentres que o de vítimas mortais mantese en 5. O ministro reiterou que todas as liñas de emerxencia consular, que se poden consultar en redes sociais do Ministerio e da Embaixada en Caracas, están abertas e pídeselles aos españois en Venezuela que as utilicen.

Albares destacou que o primeiro paquete da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) con material de primeiros auxilios, como mantas, esteiras ou pastillas potabilizadoras tamén foi entregado ás autoridades venezolanas.

A prioridade é rescatar as persoas que seguen con vida entre os cascallos

A presidenta interina de Venezuela, Delcy Rodríguez, asegurou este sábado que o Goberno e os diferentes corpos de seguridade que actúan no país están centrados en rescatar dos entullos as persoas que quedaron atrapadas.

"O proceso de rescate das persoas que están con vida, é a nosa prioridade, tanto dos rescatistas venezolanos, como dos de protección civil e doutros corpos que están a actuar nesta traxedia", dixo

 A cifra de rescatistas segue aumentando. Hai xa 1.600 efectivos de 17 países que buscan superviventes debaixo dos cascallos.

As últimas cifras oficiais oficiais, actualizadas este venres, cifran as vítimas mortais en 920 persoas e 3.360 feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade