Cargando resultados...
Tempo da peluxe dos chopos
Non é alerxénica, pero ocasiona moitas molestias como irritación de ollos, nariz ou gorxa por contacto
G24.gal
05/05/2026 14:21
A chuvia limpa o ambiente e fai que a peluxe do chopos se pegue ao chan. A súa presenza complica o día a día de moitos veciños en distintas zonas de Ourense. Trátase do vilano, unha especie de algodón que recobre a semente da árbore e que pode arrastrar pole. En si non é alerxénico, pero si moi irritativo ao contacto.
Pechar fiestras, evitar os lugares onde hai máis presenza desta especie, como as beiras dos ríos, ou usar máscara e lentes de sol axudan a mitigar as complicacións que provoca esta peluxe que adoita aparecer entre maio e xuño.