Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a orixe dun ataque contra unha vintena de árbores en Ferrol

Investigan a orixe dun ataque contra unha vintena de árbores en Ferrol

Os técnicos municipais analizan o alcance dos danos nas árbores, uns tileiros con case medio século de vida

G24.gal 25/09/2026 14:52

"É un arboricidio, aquí houbo unha premeditación para facer este asasinato das árbores. Eu xa che digo, desde as asociacións do barrio estamos, conmocionados con este asunto. Eu creo que nunca tal cousa se viu". "16 árbores de gran porte atacalas e facer isto, para que sequen e haxa que cortalas. Parécenos incrible". "Unha animalada que maten as árbores", din os veciños.

É o malestar da veciñanza de Canido ao atopar preto dunha vintena árbores furadas no tronco cun trade. Nos buratos introduciron algún produto químico.

"Botóuselles algún tipo de veleno, aproveitando un burato cunha broca ou similar e moi probable que poidan morrer". "Cos veráns que están chegando esta rúa é un verdadeiro refuxio climático", di Guillermo Castro, do colectivo veciñal.

Loitaron por unha reurbanización da rúa que mantivera as árbores en pé e lográrono, pero temen que o sucedido supoña a fin destes exemplares de tileiros.

Din que os feitos supoñen un delito medioambiental que non se debe pasar por alto.

"Pedimos que se denuncia ante a policía, ante a fiscalía porque é un atentado".

Os técnicos municipais estudan a orixe e o alcance dos danos nas árbores deste paseo con máis de catro décadas de vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar