Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un suposto acto vandálico deixa sen árbores unha rúa de Marín

Un suposto acto vandálico deixa sen árbores unha rúa de Marín

O Concello tiña previsto plantar as árbores na rúa Concepción Arenal, e alguén as cortou na leira onde estaban almacenadas

Deixaron as copas e os cepellóns, e levaron os toros

As árbores estaban almacenadas nunha leira municipal, a carón do cemiterio
G24.gal 24/02/2026 14:43

As copas por un lado, e os cepellóns coas raíces polo outro. Así deixaron as árbores que o Concello tiña preparadas para plantar nunha rúa do centro de Marín. Deixáranas nunha leira municipal, a carón do cemiterio, onde almacenan provisionalmente restos de obras ou podas. Non duraron a fin de semana: alguén tronzounas a golpe de motoserra. 

Eran unha decena de exemplares, "de máis dun metro de alto", segundo relata unha veciña. Cortáronas, e levaron os toros. Non hai casas arredor, pero outra veciña, Fina, traballa nunha veiga preto e lembra que escoitou o ruído dunha motoserra alí. Non hai máis pistas que conduzan os responsables. Na veciñanza pregúntanse se sería un acto vandálico, ou se foi alguén que os levou pensando que eran residuos dos que acumulan nesa parcela. 

O caso é que a desfeita deixou as xardineiras da rúa Concepción Arenal baleiras, e que o Concello ten que volver comprar as árbores para enchelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade