Publicador de contidos

Publicador de contidos

A natalidade en Galicia incrementouse en 2025 un 1.54%, a primeira suba despois de 17 anos

A natalidade en Galicia incrementouse en 2025 un 1.54%, a primeira suba despois de 17 anos

O dato apunta á estabilización dos nacementos na nosa comunidade e tamén a que estamos a revertir as malas proxeccións demográficas de hai unha década

G24.gal 27/06/2026 14:46

O ano 2025 marcou un fito na demografía galega, por vez primeira en 17 anos rexistrouse un incremento da natalidade, en concreto medrou un 1.54% con respecto do ano anterior.

"Os novos datos do Instituto Galego de Estatística falan de que os nacementos comezan a medrar, co cal deixamos de ter esa tendencia descendente e comezamos a repuntar." Explica a Conselleira de Política Social, Fabiola García.

O ano pasado naceron algo máis de 13.550 bebés, un dato que apunta a que estamos a revertir as malas proxeccións demográficas de hai unha década e que demostra tamén o éxito das políticas autonómicas de apoio ás familias, como a gratuidade das escolas infantís ou a tarxeta benvida. Políticas que se complementan coas que poñen en marcha os concellos.

"Temos programas de conciliación moi completos, temos todas as actividades centradas nos nenos. Mesmo nas obras, como esta praza, con espazos abertos para que os nenos poidan xogar. Centrámonos moito neles." Di o alcalde de Oroso Alexander Doval.

O de Oroso é un dos poucos concellos galegos que teñen saldo vexetativo positivo, ou o que é o mesmo, hai máis nacementos que defuncións. Artai é un dos seus novos veciños. Seus pais aseguran que, malia as axudas, ainda hai que pensar moito antes de tomar a decisión.

"Hai que pensalo moito porque é un gasto, pero tamén é unha alegría, obviamente. Conciliar nno está fácil, sobre todo traballando os dous. Pero no concello temos bastantes alternativas. Eu coa pequena teño bos días que poden entrar antes a almorzar, temos o comedor."

O incremento da natalidade é un dos factores que contribúen a que a comunidade estea a gañar poboación. De feito, os últimos datos do INE melloran as previsións e deixan a cifra máis alta de poboación nos úiltimos once anos, 2.73 millóns de habitantes.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade