Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan a bebé subtraída en Gandía, que deu positivo por cocaína, e deteñen os seus pais

Localizan a bebé subtraída en Gandía, que deu positivo por cocaína, e deteñen os seus pais

A recén nacida xa foi reingresada no hospital 

Google Maps Google Maps
G24.gal 10/07/2026 09:16

A Policía Nacional localizou a bebé de sete días que fora subtraída ese xoves do Hospital Francesc Borja de Gandía (Valencia) e detivo os seus pais, que presuntamente trataron de evitar que os Servizos Sociais asumisen a súa tutela. 

Segundo a investigación, a menor dera positivo por consumo de cocaína nas analíticas realizadas tras o seu nacemento. O pai foi quen a retirou do hospital, e deixouna ao coidado duns familiares, onde finalmene foi localizada polos axentes. 

Ademais dos proxenitores, tamén foi detida a filla da nai, duns 20 anos, por colaborar presuntamente co ocultamento da recén nacida. A meniña foi trasladada de novo ao hospital, mentres a investigación continúa aberta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade