Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban a sinalización da vía ferrata de Cedeira

Rouban a sinalización da vía ferrata de Cedeira

A ausencia de sinais da ruta supón un risco para os sendeiristas, que poden acabar perdéndose

G24.gal 15/05/2026 13:34

Unha empresa de aventuras de Cedeira denuncia o roubo da sinalización da Vía Ferrata Senda do Santo, que ofrece rutas de moita acción e beleza pola natureza da zona. Denuncian o acto de vandalismo sen sentido e o perigo que supón a ausencia de carteis. Ao non haber sinalización córrese o risco de equivocarse de ruta e perderse. 

Moverse pola vía sen cordas e sinalización non é doado. Con todo, á espera de que se repoñan os carteis a ruta segue aberta. Ten unha duración de aproximadamente 2 horas. No último treito, ao pé da serra da Capelada, os cacos tamén fixeron das súas, especialmente nun parque de tirolinas a piques de estrear. Levaron poleas e todo canto puideron coller. Tamén arrincaron a sinalización. 

Non sospeitan de ninguén en especial pero están convencidos que ao parque levarón arnés, do contrario sería difícil subir. Xa puxeron denuncia na Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade