Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil detén o autor das pintadas da igrexa de Cambados

A Garda Civil detén o autor das pintadas da igrexa de Cambados

Polo momento, non foi posible determinar a valoración económica dos danos, dado que ao tratarse dun ben de interese cultural require un procedemento específico de limpeza

G24.gal 12/06/2026 12:45

A Garda Civil detivo un veciño de Cambados, de 47 anos, como presunto autor das pintadas aparecidas os pasados 30 de maio e 9 de xuño na Igrexa da esta localidade pontevedresa.

O instituto armado, segundo explicou este venres nun comunicado, detívoo na tarde de onte investigado por un delito de danos en bens de interese cultural.

Na primeira das pintadas aparecía escrito o suposto nomee dunha persoa e na segunda, ese mesmo nome foi reescrito, acompañado de dúas frases adicionais situadas na parte superior e inferior do grafismo: “Por orde da G. C. UCO” e “Escoitan os pensamentos”.

As pescudas realizadas polos axentes permitiron identificar ao presunto autor dos feitos, tras o cal procedeuse á súa detención.

Posteriormente, levouse a cabo un rexistro voluntario tanto no seu vehículo como na nave onde desenvolve a súa actividade profesional, onde foi localizado un bote de spray de pintura negra, que sería compatible co utilizado nas pintadas realizadas no templo.

Polo momento, non foi posible determinar a valoración económica dos danos, dado que ao tratarse dun ben de interese cultural require un procedemento específico de limpeza.

O detido foi posto en liberdade en sede policial tras a instrución das dilixencias, que foron remitidas á Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Cambados, onde deberá comparecer cando sexa requirido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade