Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dos postes informativos presentados en Vigo xa está estragado

Un dos postes informativos presentados en Vigo xa está estragado

Un accidente ou un acto vandálico son as posibles orixes do estrago

G24.gal 10/06/2026 13:23

A principios de semana o Concello de Vigo presentou quince novas pantallas informativas interactivas ou MUPIS, en que investiu 700.000 euros.

Xa foran colocadas hai tempo, mesmo unha delas xa está completamente estragada.

A pantalla danada está nas inmediacións da estación ferroviaria de Guixar un lugar de moito tránsito e inzado de cámaras. O poste informativo xa leva danado máis dun mes. Moitos veciños din que non foi un acto vandálico, senón que o mobiliario urbano foi golpeado por un tráiler dos que adoitan circular atravesando o paso de cebra.

A falta de confirmacións hai quen fala de vandalismo e mesmo de intento de roubo. Os outros 14 postes informativos permanecen en pé. A Policía Nacional de Vigo confirmou á última hora da mañá que non hai denuncia por un hipotético acto vandálico nesta zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade