Publicador de contidos

Publicador de contidos

Madrugada de vandalismo na Coruña

Madrugada de vandalismo na Coruña

Arden catro contedores na zona de Cidade Escolar en pouco máis dunha hora

Os bombeiros sufocaron as lapas e evitaron que se espallasen a vehículos ou outros elementos

G24.gal 09/09/2026 13:54

"Dixeron que arderan tres ou catro contedores. Tanto vandalismo. Eu non sei onde imos parar, meu Deus. Habería que poñer unhas cámaras de vixilancia e os que foron, meterlles un bo puro. Porque é que non é normal".

Os bombeiros da Coruña recibiron a chamada polo lume do primeiro dos contedores, que estaba ardendo na rúa Cultura, contra a unha e cuarto da mañá. A partir de aí encadearon outras tres intervencións semellantes, todas elas nesta zona de Cidade Escolar.

"Isto non prende só, eh? Alguén tivo que prenderlle lume". "O tema é se chega a afectar un coche". "Hubo sorte, si. Porque imaxina que gracia lle ía faer ao dono do vehículo".

En total, catro contedores, un de papel e os outros de lixo, afectados polas lapas en pouco máis dunha hora.

"Que investiguen para saber quen foi". "Non é a primeira vez".

Algúns veciños lembran que alí mesmo, hai arredor dun ano, xa queimaran o contedor que había.

"E a señora que vive aí, no baixo, pensou morrer co fume porque lle entraba todo na casa".

Unha sucesión de incendios que os ten preocupados.

"Esta zona cada vez está peor". "Hoxe son os contedores, mañá atracar unha persoa maior. Hai pelexas continuamente".

A Policía xa investiga os feitos para dar co autor ou autores dos catro incendios.

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade