Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns ladróns moi habilidosos roubaron dúas veces en catro días nunha librería de Noia

Uns ladróns moi habilidosos roubaron dúas veces en catro días nunha librería de Noia

Conseguiron roubar uns 600 euros de material escolar desde fóra do local sen rebentar a reixa

O roubado podería acabar no mercado negro ou nas canles de venta online entre particulares

G24.gal 09/09/2026 14:32

O curso empezou con máis actividade da prevista na Librería Blanco de Noia. Á intensa demanda habitual destes días, sumouse outra inusual, polas noites. Na madrugada do sábado e do martes pasaron a surtirse tamén uns ladróns moi mañosos. O que lle sorprende á propietaria do negocio, Inma Blanco, é que conseguiran abrir o lateral do escaparate desde fóra da reixa para facerse cun equipamento escolar moi de moda esta temporada. E para levar un gran lote de cadernos dos caros tamén tiveron que botarlle maña.

"Son uns ladróns máxicos porque non romperon nada pero roubaron moito".

Inma valora o substraído nos dous días nuns 600 euros, e dá por feito que por riba lle acabará facendo a competencia desde o mercado negro ou a venda particular online. Por iso pide que os usuarios destas canles teñen unha conciencia máis crítica á hora de mercar; claro que non vas preguntar de onde vén, pero se ves que roubaron..., por iso queremos que saia no periódico e na Galega, para dar visibilidade ao que se roubou.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade