Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña do concello de Boborás denuncia o furto de varias xoias na súa vivenda

Unha veciña do concello de Boborás denuncia o furto de varias xoias na súa vivenda

 Dúas mulleres accederon á casa coa escusa de pedirlle auga e levaron os obxectos de valor que gardaba no dormitorio

 A Garda Civil investiga o caso e o concello de Boborás pidelle precaución á veciñanza

G24.gal 05/09/2026 14:22 Última actualización 05/09/2026 18:53

O furto sucedeu ás tres da tarde do venres nesta vivenda da aldea de Brués, no concello de Boborás. A vítima é esta veciña con mobilidade reducida, que vive soa na casa e non ten veciños arredor.

Unha muller duns 30 anos chamou á porta da súa casa para preguntarlle se lle deixaba encher dúas botellas de auga. Aínda que non a viu nese momento, unha segunda muller entrou na vivenda. 

"Estaba fregando os cacharros e chamáronme. Unha rapaza pediume se lle daba unha botella de auga e díxenlle que pasara. Estivo aí, colleu outra botella e  despois dixo que estaba a irmá e mandouna entrar. Botáballe como uns 30 anos e parecían irmás"

Mentres a primeira enchía as botellas de auga na cociña, a outra aproveitou para acceder ao cuarto e roubar as xoias que a propietaria da vivenda gardaba nun neceser. Deuse de conta ao entrar no cuarto, pouco despois de que as dúas mulleres marcharan da casa coas botellas de auga.

"Entrei na habitación e vin que o xoieiro estaba aberto e o armario tamén, os neceseres no chan. Levaron xoias, cadeas, pulseiras, aneis. Levaron todo, deixaron a fantasía", explica a vítima.

Segundo relata este veciño de Brués, que é familiar da vítima, ese mesmo día intentaron entrar noutras vivendas, pero non o conseguiron.
 

"Pola zona de Brués intenaron en duas ou tres casa máis".

A vítima denunciou o furto ante a Garda Civil do Carballiño. Tras este suceso, o concello de Boborás publicou un aviso para pedirlle á veciñanza que tome precaucións e que non permita acceder ás súas vivendas a persoas descoñeocidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade