Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fartos dos continuos estragos nos cultivos provocados polas vacas dun veciño en Muíños

Fartos dos continuos estragos nos cultivos provocados polas vacas dun veciño en Muíños

Na aldea de Guntumil din que levan anos padecendo e denunciando os danos diante da Garda Civil

G24.gal 02/09/2026 13:54

Preto de dous mil pés de verzas dos que só quedaron os canotos. Son os últimos estragos que sufriron varios veciños de Guntumil. As vacas dun gandeiro da zona romperon o valado que protexía os cultivos e accederon en varias ocasións, a pesar de que os propietarios, din, alertaron o dono das reses e tamén a Garda Civil.

Din que non é un caso illado. Quéixanse de que levan xa varios anos padecendo a falta de control deste veciño sobre o gando. Séntense impotentes e piden que se extreme o control sobre as explotación e se adopten as medidas necesarias para intertar frear os continuos danos nos cultivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade