A familia de Marín desaparecida en Venezuela quería sorprender os seus achegados
Veciños e amigos están consternados ante a falta de noticias do matrimonio e os seus dous fillos pequenos
O luns o concello pontevedrés convocou un minuto de silencio como mostra de apoio a Venezuela
"O meu pai salvouse de milagre", di a filla dun venezolano vítima do terremoto
Nunha fotografía publicada recentemente podemo ver a Adela Taberneiro, o seu home Yhosvany e os seus dous fillos, era do día que saían en avión para pasar as súas vacacións en Venezuela de onde son orixinarios. Viven en Marín desde hai anos. Chegaron o luns ao seu país e estaban na zona cero dos terremotos, na Guaira.
"Non temos máis noticias dos catro membros da familia que están xustamente na zona máis afectada. Desde o primeiro momento, tratamos de poñernos a disposición da súa familia, aquí en Marín e tratamos de transmitir a través da Xunta de Galicia e da Subdelegación do Goberno aos organismos oficiais, ao consulado de España en Caracas, toda a información destes veciños que están aquí empadroados.", conta a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
"Levaban bastante tempo aquí, o home traballa no porto. Eran bastante coñecidos, os rapaciños estaban no colexio de aquí. Foi o fundador da escola de hockey, tiñan moita relación con Marín." , engade un veciño.
En Marín viven momentos de moita angustia, están moi pendentes de ter algunha información . Son unha famila moi activa e traballadora, fundaron o equipo de hockey sobre herba no colexio, a nai é a presidente do equipo e mesmo competira a nivel internacional nos xogos panamericanos.
"Os veciños estamos preocupados pola situación, eperamos que os atopen con vida", di outra veciña.
Desde o centro a Inmaculada amosan a súa consternación porque os dous nenos están escolarizados neste colexio, estiveron o venres 19 de xuño na festa de fin de curso e o 20 marcharon a Venezuela, nunha viaxe de 40 días coa que pretendía darlle unha sorpresa os seus familiares. Hai moita preocupación tamén entre os veciños xa que son unha familia moi integrada en todos os colectivos de Marín.
"Con tristeza e consternación. Esperemos atopalos con vida."
"Con moita pena, Oxalá aparezan ben."
"É moi duro. Póñome na situación dos familiares, é tremendo"
O luns o concello convocou un minuto de silencio ás 12 da mañá como mostra de apoio a Venezuela.