Publicador de contidos

Publicador de contidos

Venezuela restrinxe o acceso á Guaira para facilitar os rescates

Venezuela restrinxe o acceso á Guaira para facilitar os rescates

O obxectivo é axilizar a chegada de axuda ás vítimas e os labores de desentullo

O ministro do Interior de Venezuela anunciou que a medida se toma tamén por razóns sanitarias

G24.gal 27/06/2026 08:21

O ministro de Interior de Venezuela, Diosdado Cabello, anunciou esta madrugada a restrición do acceso ao estado da Guaira, o máis afectado polos terremotos. 
Nunha transmisión da canle Venezolana de Televisión, Cabello explicou que quen queira ir a esta zona ten que facer un rexistro en Caracas para "evitar que persoas que non teñen ningún tipo de tarefa asignada" acudan a este estado. O obxectivo dixo, é facilitar os labores de rescate e os traslados a hospitais e tamén por razóns sanitarias. 

"O tema sanitario ten que ver con que é xa día 26 e podería ocorrer un tema de saúde pública porque temos debaixo dos cascallos persoas vivas pero tamén persoas falecidas, lamentablemente", asegurou o ministro do Interior 

Uns cen edificios colapsaron na Guaira, mentres se mantén a mobilización de máis de cen equipos de maquinaria pesada para os labores de recuperación de persoas que están atrapadas. Tamén se anunciou a mobilización de 11.500 funcionarios de seguridade de distintas institucións. Ademais milleiros de civís venezolanos participan de forma voluntaria nos labores de rescate nas edificacións afectadas e organizaron recoleccións de insumos e traslados de doazóns a distintas zonas de Caracas e da Guaira.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade