Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis bombeiros e dous técnicos de emerxencias galegos voan cara a Venezuela

Seis bombeiros e dous técnicos de emerxencias galegos voan cara a Venezuela

O conxunto galego partirá este sábado xunto a equipos doutros puntos de España como parte dunha misión de axuda

Imaxe cedida pola Xunta de Galicia Imaxe cedida pola Xunta de Galicia
G24.gal 27/06/2026 12:10

Seis bombeiros e dous técnicos de emerxencias galegos voan cara a Venezuela como parte da axuda de España ás vítimas dos terremotos que sacudiron ese país o mércores, segundo informou este sábado a Xunta.

Trátase de seis bombeiros membros da asociación Briegal e de dous técnicos de emerxencias sanitarias da organización non gobernamental IAE especializada en rescate de persoas, precisa o Goberno autonómico.

O equipo de axuda partirá esta sábado xunto a equipos doutros puntos de España como parte dunha misión de axuda.

O equipo que viaxa a bordo dun avión A330 do Exército do Aire transporta a 59 efectivos da UME e oito das súas unidades caninas para apoiar as tarefas de procura e rescate, así como expertos da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) con material de primeiros auxilios.

Tamén voan nese avión 40 efectivos do equipo de emerxencia e resposta inmediata da Comunidad de Madrid, entre bombeiros especialistas en rescate en estruturas colapsadas e profesionais do servizo de urxencias médicas, con catro cans da unidade canina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade