Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os militares da UME chegaron este venres á Guaira, a zona máis afectada polo terremoto

Os militares da UME chegaron este venres á Guaira, a zona máis afectada polo terremoto

O Goberno anunciou que enviará un hospital de campaña e que destinará un millón de euros para as necesidades máis urxentes

Un avión do exército trasladou 59 militares da UME e 44 bombeiros especializados da Comunidade de Madrid

G24.gal 26/06/2026 21:15 Última actualización 26/06/2026 21:25

Máis dun cento de rescatistas españois están xa en Venezuela. Un avión do exército trasladou 59 militares da UME e 44 bombeiros especializados da Comunidade de Madrid.

No aeroporto de Valencia descargaron as cámaras, os drons e os sensores que van utilizar para localizar superviventes, así como os cans adestrados para atopar persoas entre os cascallos.

De Galicia sairán este sábado sete bombeiros coordinados por unha oenegué.

David Hermida, bombeiro da BRIEGAL "Hai veces que vas cunha idea e ao chegar alí cambia. Ter capacidade de adaptación é moi importante. En función das estruturas que nos atopemos e como as atopemos temos que facer a mesma rutina: estabilizar e facer un acceso seguro para o rescatador no caso de atopar unha vítima"

A comunidade venezolana movilízase para enviar axuda o seu país. Faino nas Canarias, onde o goberno decretou tres días de loito, e faino tamén en Alacante onde se recollen medicamentos e comida. 

O Goberno anunciou que enviará un hospital de campaña e que destinará un millón de euros para atender as necesidades máis urxentes: dar abrigo e subministracións aos cidadáns que perderon as súas vivendas. 

A axuda canalizarase a través de organizacións que están sobre o terreo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade