Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un traballador forestal de 22 anos en Covelo ao caerlle enriba unha árbore

Falece un traballador forestal de 22 anos en Covelo ao caerlle enriba unha árbore

O accidente produciuse na parroquia de Lamosa, en Corzós

G24.gal 22/04/2026 10:44 Última actualización 22/04/2026 14:26

Accidente laboral en Covelo en Pontevedra. Un operario de 22 anos faleceu ao caerlle enriba unha árbore. Aconteceu 10 minutos antes das 10:00 desta mañá na Lamosa, no lugar de Corzós, segundo a información recollida polo 112 Galicia.

Rapidamente, desde o CIAE 112 Galicia informouse os Bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oitaven-Tea. Tamén se mobilizou persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan constancia do suceso.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade