Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 24 horas de festa para celebrar a fin da carreira de Medicina

Máis de 24 horas de festa para celebrar a fin da carreira de Medicina

A celebración rematou levando a festa ás que foran as súas aulas

Momento en que os estudantes abandonaban a facultade de Medicina tras a festa
G24.gal 17/04/2026 14:17

 "Levantámonos onte ás 7 da mañá, máis ou menos, e son as 10 do día seguinte. Aquí seguimos", comenta Sara, unha das graduadas.

Levan os pés desfeitos e as gorxas afónicas. Levan máis de 24 horas en pé, celebrando un dos días máis soñados das súas vidas, o día da graduación.

"Xa empezas a soñar con el, mesmo antes de entrar na carreira, si". "Dende pequenos os que queremos ser médicos pensamos que o futuro nunca chegará, e chega", apuntan outros.

E bailaron ata o amencer.

 "E agora a molestar un pouco na facultade e na biblioteca, que é o que toca". "Ás 7 a almorzar, estivemos aí cos churros, xa nos coamos en aulas coa charanga con música, saltando, para levantar o ambiente". "É coma a última despedida porque probablemente hoxe era o último día que esteamos, todos xuntos".

Os 320 integrantes da promoción que empezou a carreira de Medicina o ano da pandemia. Puidemos velos saíndo da facultade onde tomaron o último almorzo como alumnos e cruzando o Obradoiro con destino á biblioteca en que pasaron a maioría das horas dos últimos 6 anos.

 "E despois de 6 anos, a verdade é que por fin, acabouse, e non hai mellor xeito de celebralo que este".

Agora toca decidir cal será o seguinte paso.

"Gustaríame escoller xinecoloxía, en Vigo, a poder ser", conclúe Sara.

E de seguro que será porque despois de tanto esforzo e sacrificio, se algo aprenderon é que querer é poder.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade