A Garda Civil vela pola seguridade das festas en que se empregan fogos artificiais
Só na provincia de Pontevedra fixéronse 34 inspeccións e púxose só unha multa
No verán é tempo de festas e espectáculos pirotécnicos. Para que todas se celebren sn sobresaltos o Equipo de Inspección da Garda da Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil de Pontevedra realiza inspeccións nos festexos con espectáculos pirotécnicos.
Este verán foron 34 e só se puxo unha denuncia.
Evitar accidentes como o dos fogos de Bouzas de 2019 que queimou medio cento de coches é o obxectivo final das inspeccións que realiza este equipo.
Controlan nas festas múltiples aspectos de seguridade, dan recomendacións e suxiren cambios para que as festas se desenvolvan sen contratempos. Tamén controlan e verifican a zona de lanzamento, que se faga correctamente a manipulación do explosivo, tamén ven distancias de seguridade a edificacións, onde se ubicará o público e mesmo os riscos que pode implicar a meteoroloxía.
Traballan en colaboración co departamento de industria tamén para evitar por exemplo risco de incendios, afastando os eventos de masas forestais ou estacións de servizo e animando a refrescar ou humedecer as zonas de festas. Revisan os límites das zonas de lanzamento, controlan que a vixilancia se faga ben e que as persoas non autorizadas se acheguen ao recinto de lanzamento e que os operarios posúan a formación precisa e as medidas de seguridade.
A maiores tamén logo do verán fan un estudo de todo o mellorable nos eventos que se revisaron.