Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda: "Prevemos entregar 25 parcelarias antes do 2028"

Rueda: "Prevemos entregar 25 parcelarias antes do 2028"

A Xunta vai destinar este ano 16,7 millóns de euros para axilizar estes procesos de concentración de terras

Dende o 2020 remataron 39 destes procesos

G24.gal 17/04/2026 14:34

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que o seu Goberno prevé entregar 25 concentracións parcelarias antes do ano 2028 e lembra que dende o 2020 remataron 39 destes procesos. O xefe do executivo autonómico deu estes datos durante a entrega de títulos da parcelaria Xanceda-Mesía II, que beneficiou 322 veciños e veciñas, que puideron aumentar por tres a dimensión da súa parcela.

Alfonso Rueda explicou que a Xunta vai destinar este ano 16,7 millóns de euros para axilizar estes procesos de concentración de terras, que comezaron hai 30 anos, polo que agradeceu a "paciencia" dos propietarios. 

"Reducimos o número de propiedades, aumentamos a superficie e, sobre todo, dámoslle máis utilidade a un concello agrogandeiro como este para poder traballar as terras", dixo.

Acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, o presidente da Xunta defendeu tamén que a concentración parcelaria tamén un unha ferramenta fundamental para fixar poboación, facendo o rural máis rendible e atractivo para a mocidade.

Nesta liña, Rueda prometeu seguir defendendo en Bruxelas unha Política Agraria Común que manteña a xestión actual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade