Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coas altas temperaturas comezan a proliferar as carrachas en Galicia

Coas altas temperaturas comezan a proliferar as carrachas en Galicia

Soen aparecer en animais pero tamén poden picar aos humanos

A detección temperá pode evitar complicadas enfermidades asociadas

G24.gal 13/06/2026 12:41

Chega a calor e con el as carrachas. 

"Vai moita calor e hai moita bandada de carrachas, entón hai que ter moito coidado de que o noso can non se achegue a determinadas zonas", di unha muller que pasea coa súa mascota. 

Preocupa o aumento nas últimas semanas.

"Hai que mirar nas axilas e en todo o que é a barriga onde a pel é máis blandiña. Proliferan moito os carrachos, os mosquitos e todos os artrópodos porque vimos dun inverno e dunha primavera moi chuviosos e sobre todo estando as altas temperaturas facendo o seu traballo", explica Juan José Gómez, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense. 

Non so traban aos animais tamén aos humanos.

"Hai que ter coidado porque pode quedar algunha que se lle desprenda. Ao chegar a casa hai que revisar" conta a muller que pasea cun can.

"Transmiten enfermidades que en moitos casos son enfermidades moi perigosas para o seu humano e para os nosos animais", engade Juan José Gómez, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense. 

Recomendan roupa que nos protexa,  levar prendas claras e cos animais evitar lugares de herbas altas. 

"Hai que intentar levalos por zonas onde non hai maleza", afirma outra muller. 

Se nos morde...

"É importante identificar a propia carracha", insiste Juan José Gómez, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense. 

O mellor é sacarllas ao animal cunha pinza e se nos morde a nós acudir a un centro médico para extraerla

A detección temperá pode evitar complicadas enfermidades asociadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade