Publicador de contidos

Publicador de contidos

O condutor que atropelou en Mondariz un ciclista negouse a realizar a proba de alcolemia

O condutor que atropelou en Mondariz un ciclista negouse a realizar a proba de alcolemia

Samuel González Carrrera, campión galego de ciclocrós, resultou ferido grave despois de ser alcanzado polo coche e caer por un noiro

O coche, que tamén acabou fóra da vía, incendiouse e ardeu por completo

G24.gal 20/04/2026 14:33

O accidente tivo lugar neste tramo da Nacional 120 á altura daparroquia de Meirol en Mondariz. Por causas que aínda se descoñecen, o vehículo levou por diante o ciclista, que quedou inconsciente na beiravía tras caer por un noiro. O coche, que tamén acabou fóra da vía, incendiouse e ardeu por completo. 

O ciclista, Samuel Gónzalez Carrera, campión galego de ciclocrós, quedou ferido de gravidade e foi trasladado nun helicóptero medicalizado ao hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo. A Federación Ciclismo Galego emitiu un comunicado onde lamentan o sucedido e piden medios para garantir a seguridade dos ciclistas na estrada. Samuel ten 28 anos, traballa como bombeiro en Ponteareas  e é moi coñecido na zona.  

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer a causa do sinistro. O condutor do vehículo negouse a realizar as probas de alcolemia polo que tamén se lle abriron dilixencias por este feito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade