Cargando resultados...
Polo menos once mortos e 20 feridos tras envorcar un autobús en Ecuador
O autocar precipitouse a un abismo e posteriormente incendiouse
Bombeiros de Cuenca
G24.gal
16/04/2026 09:12
Polo menos once persoas faleceron e outras 20 quedaron feridas este mércores en Ecuador de<spois de que o autobús no que se mobilizaban por unha vía da provincia andina de Azuay se precipitase a un abismo e posteriormente se incendiase, segundo informou o servizo de emerxencias ECU 911.
O sinistro produciuse á altura do quilómetro 57 da vía Cuenca - Molleturo, sector Puente EL Chorro, onde o autobús perdeu pista e se precipitou.
O ECU 911 sinalou que as 20 persoas feridas recibiron atención prehospitalaria no lugar e que logo foron trasladadas a distintos centros de saúde.