Desaloxan unha vivenda en Vigo empregada para a compravenda de drogas
Os tres detidos pasaron a disposición xudicial
A casa estaba situada moi próxima a un colexio e unha gardería
De 4 casas abandonadas só unha librou da ocupación ao ser tapiada na súa totalidade
A Policía Nacional desaloxou este xoves unha vivenda empregada para a compravenda e o consumo de drogas en Vigo.
A casa estaba situada entre a avenida da Florida e a praza da Miñoca, moi próxima a un colexio e unha gardería. Os veciños xa comenzaran a notar o movemento de drogodependentes na zona meses atrás e viron que a casa se convertera nun supermercado de droga. A súa preocupación e a inseguridade que xeraba a narcocasa levounos a recoller sinaturas para pedir que se derrubase o chalé.
Na madrugada deste xoves, cara ás seis da mañá, axentes da Policía Nacional de Vigo accederon á vivenda abandonada para desaloxar os toxicómanos que había no seu interior. Os primeiros datos do operativo apuntan a dúas persoas detidas que presuntamente eran as responsables da venda de drogas no lugar.
Na operación, medio cento de axentes despregáronse no predio e practicaron o rexistro.
Dúas horas despois do desaloxo, algúns dos residentes na vivenda volveron acceder ao inmoble.