Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os acusados de facer narcolanchas en Vigo din que descoñecían o seu uso final

Os acusados de facer narcolanchas en Vigo din que descoñecían o seu uso final

Aseguran que se limitaban a fabricabar cascos e que non sabían para que as empregaban "os clientes finais" 

A Fiscalía pide para eles entre dous e nove anos de prisión e multas que, en conxunto, suman 94,8 millóns de euros

O GPS das narcolanchas, clave e controversia no xuízo en Vigo con 11 acusados

Imaxe do xuízo celebrado en abril na sección quinta da Audiencia Provincial, con sede en Vigo (Arquivo/EFE) Imaxe do xuízo celebrado en abril na sección quinta da Audiencia Provincial, con sede en Vigo (Arquivo/EFE)
G24.gal 18/06/2026 11:55

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, continuou este xoves co xuizo a 11 persoas acusadas de integrar unha estrutura dedicada a fabricar, equipar e transportar narcolanchas entre setembro de 2020 e xuño de 2022.

Na vista, os procesados defenderon que só fabricaban cascos, non embarcacións, e desvinculáronse do uso final que delas facían os seus clientes

Segundo a Fiscalía, eran embarcacións semirríxidas de alta velocidade que se empezaban a construír en Vigo, eran montadas en Portugal e regresaban de novo a España para seren distribuídas en distintos puntos da Península, como Toledo, Tarragona, Almería e Huelva.

O ministerio público sostén que o seu destino final era servir ao tráfico de drogas nas costas andaluzas.

A versión dos acusados 

A acusación sitúa dous procesados como supostos líderes da organización, ao atribuírlles o financiamento da actividade e o control de naves industriais en Vigo e en localidades portuguesas, e afirma que os outros nove acusados encargaríanse da construción material das lanchas, a contabilidade ou o transporte oculto en camiones e remolques.

Un dos procesados afirmou a preguntas do seu avogado que operaba para unha empresa de construción e reformas de Vigo que tiña unha nave en Cotogrande e que se dedicaba a fabricar cascos de embarcacións para distintos estaleiros e clientes. Segundo dixo, eses cascos eran enviados despois a Portugal, onde lles poñían flotadores.

Segundo explicou, eles nin se encargaban do traslado dos cascos nin "nunca" compraron equipamento para elas, como motores ou radares, e desvinculouse do uso que "os clientes finais" facían das embarcacións. Tampouco era algo que lle "interesase", engadiu.

A Fiscalía reclama para eles penas de entre dous e nove anos de prisión e multas que, en conxunto, suman 94,8 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade