Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galimisú, nova sobremesa en Ourense

O galimisú, nova sobremesa en Ourense

Esta versión galega do tiramisú leva queixo San Simón, torta de améndoa e licor café

G24.gal 25/06/2026 21:27 Última actualización 25/06/2026 21:38

Autodidacta da repostería, Irene Montero naceu en Vigo, criouse en Zaragoza e vive en Ourense, onde abriu a finais de abril El Multiverso del Tiramisú.

É a miña sobremesa favorita e encántame facer sobremesas e veume a idea.

Unha tenda monoproduto da máis famosa sobremesa italiana pero con variacións e rotacións. Ademais do clásico, haino de conguitos, de amorodo, de pistacho e de lima-limón. O quinto sabor é a sorpresa, o galimisú, feito con produtos galegos que lle imprimen potencia de sabor.


​Pensei nun queixo galego que queda moi ben munha sobremesa, o San Simón, logo un biscoito, estaba entre a bica e a torta de Santiago, probei e gustoume máis a torta. Igual nun futuro fago de bica probando con oruxo.

Vén un montón de xente probar, comezan polo clásico e como lles gusta anímanse e proban máis sabores. O que máis o clásico porque a xente quere empezar por aí e o segundo o galimisú, o galego, gusta moito. Eses vounos ter sempre.

Clientes satisfeitos que xa teñen un favorito como Miguel Gómez, veciño do barrio ao que tanto lle gustou a idea que a publicitou desde o primeiro día nas redes sociais. 

O de conguito, polo chocolate, eu son moi larpeiro.

Irene apunta as preferencias da clientela mentres prepara novos sabores.

Agora saquei un novo de lima-limón, así máis fresco para o verán. Teño a idea de sacar un tiramisú xeado.

Como boa larpeira fai seu o dito de non deixar para mañá o doce que se poida comer hoxe. Aquí nunca sobra nada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos