Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 62 anos nunha saída de vía en San Cibrao das Viñas

Morre un home de 62 anos nunha saída de vía en San Cibrao das Viñas

Ao parecer puido perder o control do vehículo e envorcou nunha glorieta

O sinistro tivo lugar no quilómetro 227 da estrada OU-525, ao seu paso pola parroquia de Noalla

Imaxe do coche sinistrado (Garda Civil) Imaxe do coche sinistrado (Garda Civil)
G24.gal 12/04/2026 09:04

Un home de 62 anos perdeu a vida despois de sufrir un accidente de tráfico no concello de San Cibrao das Viñas. O sinistro, que consistiu nunha saída de vía, tivo lugar no quilómetro 227 da estrada OU-525, ao seu paso pola parroquia de Noalla. Ao parecer puido perder o control do vehículo e envorcou nunha glorieta

A alerta inicial saltou no 112 Galicia arredor das 6:20 horas a través do aviso dun smartphone. Malia que os xestores de emerxencias tentaron establecer contacto co propietario do teléfono sen éxito, minutos despois o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaba a existencia dunha saída de vía no punto indicado polo dispositivo.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES do Pereiro de Aguiar, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os equipos de intervención comprobaron que a vítima era o único ocupante do vehículo e que se atopaba atrapada no interior. Tras proceder á retirada das portas traseiras para acceder ao habitáculo e liberar o corpo, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade