Publicador de contidos

Publicador de contidos

Longas retencións na AP-9 por un accidente entre dous turismos que deixa unha muller ferida

Longas retencións na AP-9 por un accidente entre dous turismos que deixa unha muller ferida

Dous vehículos chocaron este luns ás sete e media da mañá na AP-9 á altura do quilómetro 152, en sentido Tui, nas proximidades dos túneles da Madroa, o cal provocou importantes retencións

G24.gal 13/04/2026 09:38

Dous vehículos chocaron este luns ás sete e media da mañá na AP-9 á altura do quilómetro 152, en sentido Tui, nas proximidades dos túneles da Madroa, o cal provocou importantes retencións.

Como consecuencia do accidente, rexístranse colas quilométricas que se estenden ata o outro lado da ponte de Rande. Unha muller, segundo fontes do 112 Galicia, quedou ferida nunha perna, segundo dixo ela mesma aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, axentes de Tráfico e persoal de mantemento de estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade