Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos ao caer un coche por un noiro de 20 metros cara a ría de Ribadeo

Dous feridos ao caer un coche por un noiro de 20 metros cara a ría de Ribadeo

O condutor deu negativo na proba de alcoholemia

(TVG) (TVG)
G24.gal 11/04/2026 12:57

Un aparatoso accidente rexistrado na mañá deste sábado en Ribadeo deixou feridos leves ao condutor do mesmo e un acompañante, que tiveron que ser trasladados ao Hospital da Mariña, en Burela.

O balance do sinistro puido ser máis tráxico, xa que o vehículo caeu por un noiro duns 20 metros cara a ría de Ribadeo. Ocorreu na estrada N-642, entre Ribadeo e Vegadeo. O coche quedou nunha parte da ría á que non chegaba a marea, á espera da chegada dun guindastre para a súa retirada, segundo informou a Policía Local de Ribadeo. Ao parecer o condutor, que deu negativo na proba de alcoholemia, puido perder o control do vehículo.

Imaxe do coche accidentado (Policía Local) Imaxe do coche accidentado (Policía Local)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade