Publicador de contidos

Publicador de contidos

Allariz celebra a Festa do Boi, unha tradición de 700 anos de historia

Allariz celebra a Festa do Boi, unha tradición de 700 anos de historia

Celébrase durante nove días e este sábado foi a primeira saída dos bois

Este domingo ten lugar un dos actos centrais coa procesión medieval de Xan de Arzúa, personaxe principal co que se recrea o enfrontamento histórico entre xudeos e cristiáns, que deu orixe á festa

Inclúe tamén comida popular, foliada, pasarrúas e representacións

G24.gal 30/05/2026 21:33

Botou a andar a Festa do Boi de Allariz e fíxoo con comida popular, foliada, pasarrúas, representacións e a tradicional saída do boi.

"Fan unha representación coa trata dos bois, o Xan de Arzúa e como fixeron para botar os xudeos"

"Estamos moi contentos, levamos toto o ano agardando a que chegara o día e por fin chegou e de momento a xornada vai ben e a desfrutar dela", din algúns dos participantes na festa. 

Esta é unha festa moi vencellada ao Corpus, na que participan centos de veciños e visitantes, que se meten de cheo nesta representación de inspiración medieval.

"Para os maiores xa nos é un pouco difícil andar por aí correndo co boi, pero para a xente nova é festa todo"

"Como todas as festas galegas: comer, beber e pasalo ben", comentan outros participantes da troula.

Este sábado é a primeira saída dos bois desde a Casa do Boi. Tras a primeira carreira, hai verbena. 

Nesta edición buscan levar a troula tamén aos núcleos rurais para poñelos en valor.

"É unha festaza impresionante, estamos aquí, pequenos, maiores, todos xuntos desfrutando deste momento e esperando que saia o boi dentro dun ratiño", asegura outra veciña.

Este domingo celébrase un dos actos centrais, coa procesión medieval de Xan de Arzúa, personaxe principal co que se recrea o enfrontamento histórico entre xudeos e cristiáns que deu orixe á festa.

"Para a xente de Allariz este é o día máis importante do ano", engade. 

Este foi só o comezo, por diante quedan aínda oito días máis de diversión.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade