Publicador de contidos

Publicador de contidos

Allariz celebra a festa do boi recreando a orixe coa participación de centos de veciños

Allariz celebra a festa do boi recreando a orixe coa participación de centos de veciños

Primeira fin de semana da festa está centrada no aspecto cultural e histórico

G24.gal 15/06/2025 19:53

A festa do boi xira ao redor dunha lenda que se remonta a hai 700 anos. E este domingo é un dos días principais da celebración porque se recrea a procesión medieval do Xan de Arzúa, coa participación de máis de 700 veciños.
 

"É unha obra de teatro popular da que forma parte todo o mundo, somos todos afeccionados, vimos todos aos ensaios e é un espectáculo para nós, para a xente da vila que participa", di unha das mozas que participa na recreación.

"Ver a todo o pobo participando en todas as actividades e o respecto que lle teñen aquí ao boi, que é unha institución", afirma Mario Nogueira, o gandeiro propietario dos bois.

A festa está asociada ao Corpus e prolóngase durante toda a semana, con máis de 50 actividades para todos os gustos. E si, todos os días saen os bois, que se amosan así de mansiños.

"A min dos boi gústanme os cornos. Algúns téñenos máis pequenos que outros porque son de diferentes razas", di unha nena.

"Esta fin de semana, que están aquí os bois para podelos ver, e a cea dos xoves á noite en que se xuntan todos os veciños na barreira", refire as súas preferencias unha muller.

"É o momento máis importante de todo o ano. O domingo que vén acaba e xa estamos agardando que chegue o sábado do ano que vén", explica outro dos veciños que participa na teatralización.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade