A probabilidade estatística de ceos nubrados o día da eclipse chega ao 70% no norte de Galicia
A Aemet analizou a probabilidade de ceos nubrados tendo en conta os datos do 12 de agosto dos últimos 15 anos
Para ter unha predición meteorolóxica fiable hai que agardar arredor de 10 días antes da eclipse
As zonas más favorables desde o punto de vista astronómico para ver a eclipse total de Sol en Galicia son a que teñen unha maior probabilidade de ceos anubrados o 12 de agosto vindeiro.
Na zona da Mariña, onde a fase total da eclipse vai durar un minuto e 48 segundos, o risco de nebulosidade chega ao 70 por cento, segundo os datos históricos analizados pola Aemet.
"Na zona norte temos cores vermellas e cores laranxas. É onde a probabilidade de ceos despexados é menor. Hai entre un 60 e 70 por cento de probabilidade de nubulosidade no extremo norte, o que sería a Mariña lucense e o extremo norte da Coruña", explica o delegado da Axencia Estatal de Meteoroloxía en Galicia, Francisco Infante.
Desde a Aemet aclaran que non se trata dunha predicción do tempo para o 12 de agosto, senón unha estimación das zonas que poden ter o ceo máis despexado tendo en conta o que sucedeu ese mesmo día nos últimos 15 anos.
"As mellores zonas serían o interior de Galicia, o interior da provincia de Lugo e de Pontevedra, o noreste de Ourense - a franxa de totalidade afecta unha pequena parte da provincia de Ourense- e o interior da provincia da Coruña", sinala o delegado da Axencia Estatal de Meteoroloxía en Galicia.
Para ter unha predición meteorolóxica que sexa fiable hai que agardar arredor de 10 días antes da eclipse.
A Aemet anunciou que vai facer unha previsión especial coincindo con este evento astronómico, que non se producía en Galicia desde hai máis dun século.