A área de Astronomía da USC: como ensinar o 'oficio' de entender o Universo
A asignatura ten máis de sesenta alumnos na Facultade de Matemáticas
Desde as "mulleres calculadoras" do século pasado ás astronautas de hoxe en día, a astronomía e a astrofísica foron evolucionando á par que o fixo a tecnoloxía e o coñecemento científico
Na Facultade de Matemáticas da USC teñen o seu centro de operacións dous dos catorce astrónomos que temos en Galicia. Malia o apaixonante da súa vocación pouca veces se lles pon no foco; pero este ano unha eclipse total reclama mirar para o ceo e que se precise do que eles poden explicar.
"É verdade que nos últimos anos -co móbil e coa vida nas cidades- se perdeu un pouco a conexión do ser humano co ceo e a natureza. Por iso este 12 de agosto constitúe unha oportunidade importante. E é interesante buscar as zonas de Galicia en que a porcentaxe de ocultación do sol pola lúa sexa do 100 %. Porque presenciar unha eclipse total é moi diferente dunha parcial. Vese a coroa solar, e é absolutamente emocionante: sentes un pouco de frío, esa luz crepuscular tan especial, ves os paxaros coma un pouco desconcertados... E despois, coa primeira raiola do sol, é unha explosión de emocións".
Manuel Andrade, o coordinador de astronomía da USC, prepara co seu equipo un extenso programa de divulgación para as próximas semanas. A maioría dos actos serán en Lugo porque é o Campus da USC onde a eclipse será total, coma a que el mesmo viu en Normandía do ano 1999, e que espertou a súa propia vocación.
Os grandes centros mundiais da astrofísica empregaban as mulleres como calculadoras humanas
Bego Nicolás, profesora de Astronomía, fala na época en que os grandes centros astronómicos mundiais empregaban as mulleres como calculadoras humanas.
"Era un traballo repetitivo, e había que ter moi ben situada a cabeza para facelos ben. Pero, por que elas? Para pagar menor por eses cálculos precisos e que non houbese ningún problema se despois reclamaban a autoría", explica Begoña.
Ese oficio que precisa enormes coñecementos de física e matemática e que permite entre outras cousas predicir con exactitude eclipses como o do 12 de agosto. As eclipses totais de sol suceden de promedio nun mesmo lugar cada máis de trescentos anos.