Vila de Cruces acolle este domingo unha xornada de observación solar
O obxectivo é que todos os participantes poidan descubrir a actividade do sol de xeito directo e seguro
É unha actividade vencellada á eclipse de agosto, que aquí vai ser total
O obxectivo é que todos os participantes no encontro do domingo en Vila de Cruces poidan descubrir a actividade do sol de xeito directo e seguro.
"Que poidan ver o sol en todo o seu esplendor sen aínda estar na eclipse. Imos facer un adestramento do que sería ver o sol cun telescopio solar. O que imos ver é a superficie do sol, a granularidade, as manchas, as imperfeccións que ten. Tamén o bordo do sol coas prominencias", di o astrónomo Euardo Ojero.
Proxectarán a imaxe nunha pantalla para que a vexan todos os que acudan á cita. É unha actividade vencellada á eclipse de agosto, que aquí vai ser total.
"Nós estamos xusto moi preto do bordo da banda de totalidade, onde o sol se vai cubrir completamente. Van ser 20 segundos nos que o sol desaparece por completo e é nese momento cando a xente experimenta o que é a eclipse total"
O fenómeno esperta grande interese. De feito, moitos xa teñen plan para o día da eclipse.É fundamental protexer os ollos para evitar danos. Hai que utilizar as lentes axeitadas e colocalas ben.
O próximo 12 de agosto farán unha observación guiada no alto da Madanela. Un lugar privilexiado para gozar deste fenómeno astronómico.